Disney Channel
Disney Channel | |
---|---|
Inicio das emisións | 18 de abril de 1983 |
Propiedade de | The Walt Disney Company |
Formato da imaxe | 16:9 e 4:3 |
Datos de audiencia | 2,1% (outubro de 2010, FormulaTV (España)) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Mundial |
Sede central | Estados Unidos |
Nome(s) anterior(es) | Canal Disney, DISN, Disney |
Canle/s irmá(s) | Disney XD Playhouse Disney Disney Cinemagic Intereconomía Televisión (TDT con Net TV) Intereconomía Business (TDT en Madrid) |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 68 |
Na rede
| |
DisneyChannel.com | |
Disney Channel é unha canle internacional de The Walt Disney Company, que emite en gran parte do mundo.
A súa programación está destinada ao público infantil e xuvenil. Emite como canle de pago en todos os países, excepto en España, onde o 1 de xullo de 2008, comezou a emitir en aberto na TDT.
Historia
[editar | editar a fonte]Década dos 80
[editar | editar a fonte]A canle iniciou as súas transmisións o 18 de abril de 1983 nos Estados Unidos, como canle de pago nas redes de cable. O seu primeiro programa emitido foi "Good Morning, Mickey!". Dende o seu inicio de transmisións ata decembro de 1986 era unha canle con transmisión de 18 horas; entre as 07:00 e as 01:00. A partir de 1986 comezou a emitir as 24 horas do día. En 1989 a canle lanza ao aire "The All-New Mickey Mouse Club", un programa musical que emitiuse ata mediados de 1996, conformado por nenos, algúns dos cales se converteron en famosos cantantes, como Christina Aguilera, Britney Spears e Justin Timberlake. Tamén nos seus primeiros anos a canle emitiu series como Los Mapaches, Paddington Bear e Five Mile Creek.
Década dos 90
[editar | editar a fonte]No inicio da década de 1990, a canle limitouse a emitir series e películas clásicas de Disney, ademais dalgunhas series e películas orixinais, e tamén, neste tempo, emitiu series animadas como Los Osos Gummi, Patoaventuras, Chip y Dale al Rescate, Aventureros del Aire, Bonkers e Aladdín. No 1995, a canle era visto por máis de 8 millones de hogares en Estados Unidos. Ese mesmo ano, a canle é lanzado en Reino Unido. En 1997, a programación cambia por completo. Lánzanse 3 bloques diferenciados, un Playhouse Disney, dirixido ao público preescolar, que posteriormente pasaría a ser unha canle independente, Zoog Disney, para o público preadolescente e xuvenil e Vault Disney, adicado aos clásicos da compañía. En 1998, comezaron a producirse as "Disney Channel Original Series" (Series Orixinais Disney Channel) e "Disney Channel Original Movies" (Películas Orixinais Disney Channel). Ese ano tamén foi lanzada a canle irmán Toon Disney, adicado unicamente á animación, así como Disney Channel España.
Século XXI
[editar | editar a fonte]No ano 2000, foi lanzada Disney Channel Latinoamérica , para o mercado suramericano, como canle premium, pasando en 2004 a ser unha canle básica. No Brasil, Disney Channel tivo o nome "Disney Weekend" de 1997 a 2001.
En setembro de 2002 a versión americana volve ser modificada. A programación clásica coñecida como "vintage", emitida en Vault Disney, é descontinuada. Nese momento añádense películas en prime time, de programación orixinal e externa. A canle tamén inicia a produción de series non animadas. O logo Zoog Disney foi cambiado ao logo actual o seguinte mes. En 2004, Anne Sweeney tomou o control de Disney-ABC Television, cambiando radicalmente a imaxe da canle, adicándoo a etapas diferentes.
Dende 2007, Disney Channel, está lanzando versións en Alta Definición, en varios países do mundo, como Estados Unidos, Reino Unido e Latinoamérica.
En 2008, The Walt Disney Company Iberia entrou no accionariado de "Sociedad Gestora de Televisiones Net TV", unha das 6 concesionarias da TDT en España, conseguindo a xestión dunha das canles do multiplex, e convertendo, o 1 de xullo de 2008 a Disney Channel España na única cadea Disney Channel en aberto do mundo.[1]
Logotipos
[editar | editar a fonte]-
1983-1987
-
1987-1997
-
2002-2010.
-
2014-2019.
-
Dende 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Disney Channel elixe España como o primeiro país para lanzar en aberto". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en inglés)
- Sitio oficial (en castelán)